Seguridade nos movementos

As operacións realizadas por medio da http://tenda.fillos.org teñen as medidas de seguridade normais da tenda: é dicir, verificación por contrasinal e conta de usuario (e-mail de acceso).

A verificación da identidade no resto de operacións electrónicas, faise vencellando cada conta a:

  1. Un e-mail (ou nome de usuario/a opcionalmente).
  2. Un número de teléfono (ou varios).
  3. Unha conta de telefonía-IP, estilo Skype ou Ekiga (opcional).

Backups

A base de datos onde residen as contas electrónicas de galeuros e mais os seus movementos teñen unha copia de respaldo especial coitá, ademais da que xa realiza o noso fornecedor no servidor web tamén todos os días.

Por outra banda existe un arquivo das comunicacións por e-mail dos movementos.

Tamén facemos backup periódico da folla de cálculo mencionada en Contabilidade.