Que significa emitir galeuros

Emitir galeuros significa crealos, poñelos en circulación. Quen emite moeda nun sistema LETS, fica cun saldo negativo na súa conta, e quen recibe os galeuros emitidos, cun saldo positivo.

Historia

Anteriormente á II Etapa dos galeuros, soamente a Asociación Cultural Fillos de Galicia tiña a capacidade de emitir os galeuros. É dicir: era a única entidade con posibilidade de ter saldo negativo na súa conta de galeuros, e todos os demais participantes (posuidores de galeuros) só podían ter saldo 0 ou positivo.

Capacidade de emisión actual

Coa Reforma realizada na II Etapa dase un paso importantísimo cara á configuración dun auténtico sistema LETS.

Agora poden emitir (crear) galeuros, quedando con saldo negativo, ademais do propio emisor principal histórico (a Asociación Cultural Fillos de Galicia):

Facer uso da capacidade de emisión, loxicamente, será algo voluntario.

Límite de emisión

Os socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia e as Organizacións Participantes nos Galeuros só poderán emitir ata un límite de 2.000 galeuros. Isto quere dicir que o seu saldo negativo na contabilidade dos galeuros nunca poderá baixar dos -2.000 galeuros.

A Asociación Cultural Fillos de Galicia, dado que parte dunha situación especial como único emisor na I Etapa, terá un límite maior, de 10.000 galeuros que non se debería sobrepasar sen advertir ao Comité Rector dos Galeuros para tomar medidas e analizar se a situación supón algún problema para a solidez do sistema.

Se algún participante desexa emitir unha cantidade superior ao seu límite, poderao solicitar por escrito e xustificadamente, e o Comité Rector dos Galeuros podería autorizalo (sería unha especie de microcrédito en galeuros). P.ex. poderían ampliar o límite aqueles socios ou Organizacións Participantes nos Galeuros que teñan demostrado unha gran capacidade de vender en galeuros (movementos positivos nas súas contas).

En resume, os límites de emisión de cada participante fican estabelecidos en:

O baremo que se tomará para avaliar a ampliación ou redución dun límite de emisión será o duplo dos ingresos medios mensuais da entidade nos últimos 12 meses de actividade. Así, se p.ex. un emisor vende de media por un importe de 1.500 euros/mes, podería dispor dun límite de 3.000 galeuros de emisión máxima. A autorización destes límites sempre quedará en mans do Comité Rector dos Galeuros que analizará caso por caso.

É importante sinalar a este respecto que aínda que unha empresa, asociación non lucrativa ou profesional perda clientes ou ingresos iso non quere dicir necesariamente que perda a capacidade de aceptar galeuros a cambio dos seus servizos. Unha das vantaxes precisamente da nosa moeda complementaria é que pode axudar a persoas que perden o seu traballo ou empresas que perden clientes, pero que aínda así manteñen intacta a súa capacidade de forneceder servizos de produtos de valor á sociedade, poida seguir tendo actividade. Xa que logo, o Comité Rector dos Galeuros deberá analizar coidadosamente se realmente se ten producido unha perda na capacidade ou simplemente unha perda de ingresos ou clientes.

Obrigas dos emisores

Emitir galeuros é un privilexio, un dereito, que implica unhas obrigas.

A capacidade de emisión obrigará ao emisor a aceptar tamén os galeuros como pagamento, aínda que sexa parcialmente, polos servizos que preste ou polos produtos que venda (nun mínimo dun 20% por venda). Aí inclúense as cotas de afiliados nas entidades emisoras que sexan ONGs, p.ex.

O Comité Rector dos Galeuros foi encargado de definir algunha maneira de penalizar aos emisores que manteñan durante máis de 1 ano un saldo negativo, agás ao emisor principal (a Asociación Cultural Fillos de Galicia). Inicialmente establécese esta penalización en 100 euros por ano continuado de saldo negativo, que se deberán pagar ao Comité Rector dos Galeuros, que os destinará obrigatoriamente a compensar os custos do propio sistema dos galeuros.

Ao contrario que noutros sistemas de moeda complementaria, non hai cota de entrada algunha que deban abonar as persoas ou entidades que participen como emisores.

As entidades ou persoas emisoras tamén teñen o deber de comunicar co Comité Rector dos Galeuros calquera variación da súa capacidade de venta ou traballo que poida minguar a base tomada para calcular a súa capacidade máxima de emisión. Así, p.ex. se unha entidade se acepta que pode chegar a emitir ata 5.000 galeuros porque ten unhas ventas mensuais determinadas, e perde un importante cliente fixo que fai que mingüen, iso produce unha mingua na súa capacidade de redención e polo tanto está obrigada a comunicalo para que se reevalúe o seu límite máximo de emisión. Se nese momento en que se decide baixarlle o máximo emitible, tivese xa emitido unha cantidade superior ao novo límite, o Comité Rector dos Galeuros estudará coa entidade ou persoa emisora implicada unha serie de medidas correctoras para reducir o seu saldo debedor ata niveis aceptables segundo o novo límite.

Acordo de emisión

Cada persoa ou entidade con capacidade de emisión deberá asinar un acordo de participación por escrito e remitilo ao Comité Rector dos Galeuros antes de poder facer uso dela.

Este é o texto actual dese acordo, que poderá ser mellorado no futuro:

Mediante a sinatura deste acordo convírtome en participante no 
sistema de "moeda complementaria" e "crédito mutuo" da 
Asociación Cultural Fillos de Galicia (ACFDG), denominado 
"galeuros", adquirido a capacidade de emitir galeuros ate un 
límite máximo de ___________.

Como participante disporei dunha conta online no enderezo 
www.galeuros.com/tenda onde poderei coñecer en calquera momento 
o meu saldo e movementos realizados, ademais de poder usar 
ese saldo directamente para realizar compras na propia tenda 
online da ACFDG. Esa conta estará vencellada ao correo 
electrónico ____________________________ que será o que me 
dea acceso xunto cun contrasinal que a ACFDG me comunicará. 
Comprométome a gardar ese contrasinal co máximo celo e eximo 
á ACFDG de calquera responsabilidade pola súa perda.

Entendo que o devandito e-mail será o que me dea acceso a 
operar coa miña conta de galeuros, e que calquera orde dada 
desde el ao enderezo do administrador (galeuros@galeuros.com) 
será válida para efectuar movementos no meu saldo.

Pola súa banda a ACFDG comprométese a gardar fielmente os meus 
datos de acceso e operacións e a respectar os meus dereitos 
recollidos na Lei Orgánica de Protección de Datos. A ACFDG 
ten rexistradas as súas bases de datos na Axencia de 
Protección de Datos como se pode consultar en 
http://legal.fillos.org

Tamén me comprometo a que de maneira anticipada ou no mesmo 
momento en que deixe de participar no sistema de galeuros da 
ACFDG, reembolsarei a cantidade total de galeuros que me 
teña sido emitida ao meu favor ate entón, ao longo da miña 
participación no sistema, e segundo conste nos rexistros da 
ACFDG (saldo negativo da miña conta). Se non podo 
reembolsalos en forma de galeuros, reintegrarei a cantidade 
equivalente en euros. Se o meu saldo é positivo, a Asociación 
Cultural Fillos de Galicia entregarame a cantidade 
correspondente en euros, segundo a taxa de conversión do 90%.

Tamén me comprometo a pagar unha penalización de 100 euros á 
devandita asociación se o meu saldo permanece con valor 
negativo de maneira continuada durante máis dun ano, e que a 
asociación destinará a compensar os custos de administración 
do sistema dos galeuros.

Asemade concordo con aceptar os galeuros como pagamento parcial 
dos produtos e servizos que vendo ou ofrezo así como cotas de 
afiliados e doazóns, no caso de entidades non lucrativas, como 
mínimo por un 20% do prezo deses conceptos en euros, 
considerando que o pagamento dunha cantidade en galeuros serán 
equivalente a esa mesma cantidade en euros. 

Asumo o deber de comunicar co Comité Rector dos Galeuros calquera 
variación da miña capacidade de venta ou traballo que poida 
minguar a base tomada para calcular a miña capacidade máxima de 
emisión, como p.ex. calquera perda importante de ingresos fixos, 
de clientes ou subvencións ou calquera outra forma de ingresos. 
Para que o Comité Rector poida avaliar estes datos facilitarei 
toda a información económica que me sexa requerida acerca da 
miña actividade e facturación anual.

Pola súa banda a ACFDG comprométese a aceptar os galeuros como 
pagamento total de todos os seus produtos ou servizos, cotas de 
socios e doazóns, e a promover que sexan aceptados por outros 
negocios e profesionais cos que chegue a acordos análogos ao 
presente.

Este acordo pode ser cancelado por calquera das partes en 
calquera momento previo aviso escrito e pagamento do saldo 
pendente da conta de galeuros do asinante.

Asinado (polo particular ou organización): ________________
Asinado (pola ACFDG): _____________________________________