O galeuro é a primeira moeda virtual (electrónica) galega.
A esa definición inicial, na II Etapa dos Galeuros, engadíronse outras que a complementan e aumentan, como:
Tamén entra na categoría de sistema de crédito mutuo.
Foi creada pola Asociación Cultural Fillos de Galicia. Le máis na páxina de Historia.
Cada galeuro é equivalente a 1 euro, tendo paridade fixa con esta moeda.
Coa reforma efectuada na II Etapa dos galeuros mantense esta equivalencia fixa co euro para facilitar a incorporación de negocios, individuos e outros colectivos, así como unha contabilidade sinxela.
Isto quere dicir que por un galeuro, obteremos o valor dun euro en produtos ou servizos. Algunhas persoas e colectivos ademais poden converter os seus galeuros a euros nunhas determinadas condicións e a unha determinada taxa: vid. convertibilidade.
Desde o seu comezo o símbolo do galeuro é feito a partir do do euro, pero pechándoo de tal maneira que se forma unha G de Galicia/Galiza e de galegos.
Participante | Acepta galeuros | Pode emitir | Poden converter a euros | Requisitos1) |
---|---|---|---|---|
Asociación Cultural Fillos de Galicia | 100% do PVP dos seus produtos e servizos | ata 10.000 galeuros | si | Rexistrarse en http://tenda.fillos.org |
Outras organizacións | entre o 20% e 100% do PVP dos seus produtos e servizos | ata 2.000 galeuros (ampliable) | si | Rexistrarse en http://tenda.fillos.org e asinar acordo |
Comercios, tendas, profesionais | entre o 0% e 100% do PVP dos seus produtos e servizos | non* | non* | Rexistrarse en http://tenda.fillos.org |
Socios da A.C. Fillos de Galicia | si (0%-100%) ou non | ata 2.000 galeuros (ampliable) | si | Rexistrarse en http://tenda.fillos.org |
Outros particulares (consumidor e prosumidores) | si (0%-100%) ou non | non* | non* | Rexistrarse en http://tenda.fillos.org |
NOTA (*): Particulares e organizacións poden adquirir o dereito a converter e a emitir galeuros previa autorización do Comité Rector dos galeuros e asinamento do acordo correspondente, que os equipararía ás organizacións participantes nos galeuros. Outra maneira é simplemente facerse socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia.