Outras citas sobre moedas complementarias

Por baixo do radar da oficialidade, botou a andar unha silenciosa revolución monetaria. O monopolio de séculos das moedas nacionais como medio de cambio xa está a rematar. Por exemplo, os kilómetros que as liñas aéreas lles outorgan aos viaxeiros frecuentes son na práctica unha moeda privada empresarial. Máis de ¼ do comercio mundial se realiza mediante troco, i.e. sen utilizar moeda algunha (…). No outro lado do espectro, os cidadáns privados están dándolle forma ao seu propio futuro mediante a emisión de moedas complementarias sen ningunha referencia a un banco central nacional. Isto veu proliferando recentemente no seo de unhas 2 mil comunidades diferentes nunha ducia de países do mundo.

(Bernard A. Lietaer, 1999)


Dado que as moedas nacionais están baseadas na débeda, o seu uso sutil pero inevitablemente socava a riqueza das comunidades locais. Cada dólar que se crea cun préstamo requere o pagamento de interese (…). Así o diñeiro baseado en débeda trasfere sistematicamente riqueza dos pobres cara os ricos. Asemada as moedas nacionais están suxeitas a inflación, deflación e colapso así como a manipulacións e pánico alén do control da comunidade. Unha solución é a promoción de sistemas de troco locais; outra é a creación de moeda local. Ambas as dúas son legais (se se operan dentro de certos parámetros) e teñen un longo historial de éxitos.

(Richard Heinberg)