Para ampliar o alcance e posibilidades dos galeuros, a Asociación Cultural Fillos de Galicia decidiu invitar a determinadas organizacións, institucións ou colectivos galegos que o Comité Rector dos Galeuros suxira, para que entren no papel de Organizacións Participantes nos Galeuros no Comité Rector dos Galeuros.
Poderán:
Desta maneira a Asociación Cultural Fillos de Galicia compartirá o goberno con aquelas entidades que decida, e os galeuros pasarán a ser en maior medida un proxecto democrático e compartido do tecido social galego.
A decisión de invitar a novas entidades será tomada por maioría simple no Comité Rector dos Galeuros, tendo o representante da Asociación Cultural Fillos de Galicia un voto decisivo en caso de empate.
Estas OPG poderían ser p.ex.:
Cada organización deberá pagar una cota anual de participante de 50 euros, para gastos de xestión.
Existirán asemade, profesionais, empresas e comercios que asinen o documento de aceptación de galeuros e que adquiran así tamén o dereito de convertibilidade a euros á taxa indicada, pero estes non formarán parte do Comité Rector dos Galeuros nin terán que pagar a cota de entrada. Porén, se o desexan poderán entrar a formar parte del, previa invitación expresa do Comité Rector dos Galeuros.
As Organizacións Participantes nos Galeuros tamén teñen un documento de adhesión específico no que se comprometen a aceptar tamén os galeuros ao tempo que adquiren o dereito de convertibilidade a euros.