Os galeuros a efectos legais poden ser considerados como:

  • un sistema de troco (múltiple),
  • un sistema LETS (crédito mutuo),
  • unha moeda privada ou un sistema de puntos de fidelización ou vales-desconto, o cal é empregado por multitude de empresas.

Son moeda?

Desde logo non son nin pretenden ser moeda de curso oficial.

O seu funcionamento está rexido polas normas publicadas neste wiki, polos acordos privados asinados entre os diversos participantes e polos textos impresos nas emisións físicas (cheques, billetes, bonos ou as que houber no futuro).