**Esta é unha revisión antiga do documento!** ----

A PCRE internal error occured. This might be caused by a faulty plugin

===== Evolución na filosofía dos galeuros ===== Co paso á [[historia|II Etapa]] dos galeuros, dase unha importancia evolución na súa filosofía e obxectivos. O que inicialmente pretendía ser un medio de intercambio entre galegos de aquí e de acolá, no ámbito da [[http://www.fillos.org|Comunidade Virtual Fillos de Galicia]], ampliou a súa ollada para recoller todas as posibilidades das moedas complementarias e dos sistemas LETS (ou de crédito mutuo), para beneficio tanto dos galegos de todo o mundo, como doutras organizacións non lucrativas, o pequeno comercio galego e de paso para a mellora dos seus recursos nomeadamente económicos e humanos. Outra importante fonte de inspiración nesta evolución dos galeuros son os [[http://www.torontodollar.com/|Toronto Dollars]], unha existosa experiencia de moeda complementaria local. ===== Principios do crédito mutuo ===== Os galeuros agora asumen os principios do crédito mutuo: Cando Xan crea o seu crédito de galeuros para pagar a María, obrígase a aceptar galeuros doutras persoas do sistema nalgún futuro, en pagamento polos servizos ou produtos que el vende. Así, cando fai unha venda e lle pagan en galeuros, el //redime// o crédito (os galeuros) que orixinalmente emitira. ===== Galeuros = Valor para a comunidade ===== Os galeuros de cada un/ha son proba de canto valor ten entregado á comunidade. Se ten un saldo debedor, indica que recibiu máis da comunidade do que achegou. ===== Transparencia ===== Aínda que algúns exxpertos recomendan publicar á vista de todos os saldos de cada participante nun sistema de moeda complementaria (v.g. Thomas Greco) isto sería de dubidosa legalidade no noso país por vulnerar a Lei de Protección de Datos Persoais. De todos xeitos, as cifras globais do sistema serán dadas a coñecer na páxina de [[os galeuros en cifras]].