Introdución
Nesta páxina explicaremos exemplos prácticos de uso dos galeuros, baseados os máis deles en situacións reais que xa se teñen producido desde a creación da moeda e que son ampliados con outros fiticios para ampliar as posibilidades e darvos ideas aos interesados en tirarlles proveito á vosa participación. Iso si, os nomes reais e algún outro dato foron trocados por privacidade
Exemplos de uso dos galeuros
(Estes exemplos son viábeis na actualidade)
Paulo fixo un traballo para o portal Fillos.org como voluntario e a Asociación Fillos de Galicia compensoulle a súa adicación con 500 galeuros. Paulo vive de aluguer nun piso de Carme, que é tradutora. Un mes, Paulo pagoulle a renda con 400 galeuros a Carme, que ela empregou para contratar a
RedeGalega.org a realización dun web para promocionar os seus servizos profesionais como tradutora.
María tiña que pagar a súa cota de socia de Fillos de Galicia (30 euros) pero non podía enviar os cartos a tempo para estar ao día antes de comezar a Asemblea de socios. Carlos, que tamén era socio, pagou por ela mediante 30 galeuros que tiña, na
tenda online, indicando que eran para a cota de María. Cando se viron Carlos e María, ela deulle os 30 euros a cambio.
Rosa estaba no paro e como tiña tempo libre, axudou como voluntaria a Fillos. A asociación compensouna con 200 galeuros, que ela despois usou para pagar parte dunhas obras que tiña que facer no seu piso, a Marcos, que ten unha pequena empresa de construción. El despois dooullos a unha ONG coa que colabora que os usou para pagar o hosting a RedeGalega.org.
Alberte vendeulle un libro a Paulo, e Paulo pagoulle con 12 galeuros. Alberte usou eses galeuros para pagar a súa cota á
asociación Véspera de Nada da que é socio. Véspera de Nada usounos para pagar a Xan, outro dos seus socios, uns gastos que tivo que adiantar para esa asociación. Ese socio usounos para comprar na tenda de Fillos un agasallo para a súa moza.
Xurxo fai pequenos traballos profesionais para Fillos de Galicia, que a asociación lle paga en galeuros. Ao tempo, el ten contratado o seu dominio e hosting con RedeGalega.org e cando lle toca pagalos, faino cos galeuros que vai xuntando.
Uxía fai bastantes compras na
tenda de Fillos e vai xuntando galeuros de agasallo. Cando ten de abondo, págalle con eles a cota a amigos de Cuba que non teñen maneira de enviar os 30 euros da cota de socios, para que se afilien á Asociación Cultural Fillos de Galicia.
Suso quere mercar 10 parceliñas en
http://www.Parcelaria.com para promocionar durante 1 ano un colectivo que defende a natureza no seu concello. Válenlle 381 euros, pero como ten capacidade de emitir galeuros, como socio que é de Fillos, mércaas emitindo esa cantidade de galeuros. Queda o seu saldo a -381 galeuros, e Fillos de Galicia ingresa +381 galeuros. Posteriormente, para saldar esa cantidade negativa, vai facendo diversos traballos como voluntario para Fillos de Galicia, creando contidos, atendendo emails e axudando aos usuarios dos portais ofrecidos por esta organización. Así, en poucos meses fai 40 horas e a Asociación Cultural Fillos de Galicia ingrésalle en recoñecemento, 400 galeuros na súa, co cal fica cun saldo de +19 galeuros. Así sae gañando o seu colectivo ecoloxista que se beneficia da promoción en Parcelaria.com, gaña Fillos de Galicia e os seus usuarios que ven mellor atendidos os seus servizos grazas a un novo voluntario, e gaña Suso porque puido mercar ese espazo publicitario creando o seu propio diñeiro.
(Estes outros exemplos serán viábeis no momento que calquera outra entidade ou persoa acepte participar no sistema galeuros)
Fidel, que traballa coma voluntario para Fillos de Galicia, participa no sistema dos galeuros e ofrece servizos profesionais de marketing electrónico a entidades sen fin de lucro e acepta galeuros como pago polos seus servizos.
A Asociación sen fin de lucro “Comercio con xustiza”, participante no sistema galeuros, encarga a Fidel a realización dunha sondaxe electrónica sobre o seu sistema de tenda virtual, pagándolle en galeuros.
Fidel merca produtos de comercio xusto na tenda virtual de “Comercio con Xustiza” e paga en galeuros, agás os gastos do envío que os paga contra reembolso.
O bufete de avogad@s “Lex solidariae” (unha destas persoas é socio da Asociación Cultural Fillos de Galicia e é posuidor de galeuros), decide aceptar galeuros como pagamento polos seus servizos xurídicos.
Alguns dos socios da asociación “Comercio con Xustiza” están a pagar as súas cotas en galeuros, xa que son tamén participantes do sistema e aceptan galeuros polo seu traballo profesional.
A cooperativa de produtos ecolóxicos “Eco-labreg@s galeg@s”, decidiu aceptar galeuros como sistema de pagamento para a súa tenda virtual. Fíxoo de xeito parcial polo que parte do custo (50%) compénsase en galeuros e o resto en euros.
Distint@s posuidores de galeuros fan mercas nesa tenda virtual e danlle a oportunidade á cooperativa de capitalizarse en galeuros estando a mercar produtos ou servizos nesta moeda.
Eco-labreg@s galeg@s gasta os seus galeuros na contratación de servizos xurídicos a “Lex solidariae”, mesmo contratan a Fidel para algunha necesidade comercial que tiñan, para a mellora do sistema de tenda virtual.
A herborístería “Saude verde”…
O restaurante “Lar enxebre”…
…