===== Crédito mutuo ===== Como xa se explica noutros lugares deste wiki informativo, o novo xeito de funcionar dos galeuros [[historia|na súa II Etapa]] encaixa no que se denomina un //sistema LETS// ou de //crédito mutuo//, no que os participantes (ou parte deles) están capacitados para crear os seu propio diñeiro cando o precisan, ata certo límite. ===== Crédito adicional ===== Como tamén se apunta [[quen pode emitilos#limite_de_emision|cando se fala dese límite de emisión]], fica aberta a posibilidade de desenvolver unha ampliación dese límite, de tal xeito que se podería considerar un sistema de //microcrédito// mutuo.