Pódense converter (trocar) os galeuros a euros, con certas condicións e só certos posuidores.
Úsanse indistintamente os seguintes termos para denominar esta acción: converter, trocar, redimir, reintegrar, desemitir.
A persoa ou colectivo que posúa unha conta electrónica en galeuros poderá solicitar a súa conversión a euros de 2 maneiras:
Desde Maio de 2007, e segundo foi aprobado polos socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia reunidos na súa VII Asemblea, poden converter os galeuros que posúan a euros:
Desde Marzo de 2009 amplíase a posibilidade de converter galeuros para incluír tamén (aparte dos colaboradores e socios de Fillos de Galicia) e previo asinamento dun acordo ad hoc :
Entre Maio de 2007 e Marzo de 2009 o reintegro ou conversión dos galeuros facíase a unha taxa fixa de troco de 1 euro por cada galeuro, e sen gastos nin comisións de conversión, pero condicionado á liquidez que nese momento tiver a asociación nas súas contas.
A partir de Marzo de 2009 (II Etapa dos Galeuros) aplicarase un 10% de taxa ou comisión por conversión cada vez que se queiran converter galeuros a euros. É dicir, 100 galeuros poderán ser convertidos a 90 euros, e soamente o poderán facer aqueles posuidores de galeuros con esta capacidade (segundo o explicado no anterior apartado).
Esta taxa de conversión serve para varias cousas:
De fornecer os euros precisos para as conversións que se soliciten encargarase a Asociación Cultural Fillos de Galicia, que estará obrigada a realizar ese troco nas condicións e casos establecidos, e en ningún outro. É dicir, o/a posuidor/a de galeuros poderá dar orde de conversión ao administrador dos galeuros, o cal restará da conta de galeuros ao seu nome esa cantidade.
Non se poderá facer a conversión por importes maiores ao saldo positivo que teña ese/a posuidor, a non ser que sexa autorizado expresamente polo Comité Rector dos galeuros en cada caso (euros a cambio dun saldo negativo en galeuros = emisión ou creación de galeuros por parte do usuario).
Asemade, calquera persoa poderá cambiarlle a outra euros por galeuros con esa taxa de 90/100 (ou outra que entre eles acorden), pero a única entidade obrigada a facelo aos participantes con ese dereito, e a esa taxa, será a Asociación Cultural Fillos de Galicia. Así, p.ex. se unha persoa calquera que non ten a capacidade de converter a euros, posúe 100 galeuros, pode darllos a un socio a cambio de 90 euros, porque ese será o importe que este socio poida obter da Asociación Cultural Fillos de Galicia na súa conversión. Aínda que tamén poderá trocarllos por 100 euros, xa que o receptor dos galeuros pode moi ben considerar que con eles vai poder facer compras por ese valor nos comercios que acepten galeuros.
Outras posibilidades de conversión entre particulares (ou empresas ou organizacións…) inclúen por suposto, galeuros por pesos, dólares por galeuros, etc. etc. O feito de os galeuros circularen por todo o mundo onde houber un/ha galego/a fará que sexan factibles todo tipo de trocos. A única taxa de troco oficial é a indicada con respecto ao euro, e soamente obriga á Asociación Cultural Fillos de Galicia. Se outras persoas ou entidades trocaren galeuros por outras moedas será de maneira voluntaria.
No paso da I Etapa á II, os posuidores de galeuros que teñan capacidade de reintegro, puideron facer uso dela e reintegrar ao 100% do seu valor, solicitándoo por escrito aos responsables da Asociación Cultural Fillos de Galicia antes do prazo dun mes contado a partir da aprobación da reforma. Unha vez trascorrido ese tempo, os seus galeuros xa habían ser reintegrados ao 90% do seu valor.
A data límite foi o 08/04/2009 tal e como se comunicou por e-mail a eses posuidores e se publicou en http://www.fillos.org/galicia/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=909
Aprobouse na devandita Reforma que se buscaría a maneira de posibilitar a conversión entre galeuros e outros sistemas LETS, moedas complementarias e bancos de tempo galegos.
Neste espazo publicarase a taxa de cambio cos diferentes sistemas galegos existentes e procurarse a máxima interconexión e convertibilidade con eles.