Maneiras de conseguir galeuros

  • Por cada compra que se fai na tenda de Fillos de Galicia, o/a comprador/a recibe unha certa cantidade de galeuros, proporcional ao importe da compra (10% na actualidade).
  • Os voluntarios e membros que contribúen co seu traballo e dedicación a facer http://Fillos.org, http://PlanetaGalego.info ou outros proxectos da Asociación Cultural Fillos de Galicia, tamén poden ser recompensados con diversas cantidades de galeuros. Isto, que era opcional e ocasional, nesta II Etapa convértese na norma en canto ao traballo voluntario en Fillos de Galicia: cada mes pagarase -previa autorización ou visto e prace do presidente da asociación ou persoa por el/a delegada- a todos os membros ou colaboradores de Fillos que teñan feito durante ese periodo un traballo voluntario, asumindo o 13º principio da Economía Solidaria.
  • Outras Organizacións Participantes nos Galeuros tamén poden pagar aos seus colaboradores ou traballadores parcial ou totalmente con galeuros.
  • Outro posuidor de galeuros pódechos agasallar. De feito na propia tenda de Fillos de Galicia existen vales agasallo en galeuros: http://www.fillos.org/tenda/index.php?cPath=31
  • Un cliente teu pode pagarche en galeuros se ti aceptas esta moeda como pagamento válido.
  • Vai para o noso Taboleiro, onde temos unha sección para o intercambio de galeuros entre membros de Fillos para coñecer quen ofrece galeuros e en troco de que.
  • Finalmente, certas persoas e entidades que asinan un acordo especial, teñen a capacidade de emitir (crear) os seus propios galeuros ate certo límite.

Le máis sobre isto na sección de xeitos de participar.

Emisión inicial Galeuros 2.0

Tal e como foi aprobado na Reforma dos galeuros a Asociación Cultural Fillos de Galicia, realizou un lanzamento ou emisión especial de galeuros para compensar o valor entregado á Comunidade Virtual Fillos de Galicia polas 5 persoas que recibesen máis votos dos socios, de entre as propostas por eles mesmos. Cada unha destas persoas recibiu o 4 de Maio de 2009, 1.000 galeuros como recoñecemento especial pola súa achega histórica ao desenvolvemento de Fillos.org e proxectos derivados. Casdeiro, o fundador de Fillos de Galicia autoexcluírase deste recoñecemento de maneira previa e voluntaria.