Esta é unha revisión antiga do documento!


O Comité Rector dos Galeuros elixirá a un/ha Secretario-Contable dos Galeuros (ou administrador) que será o/a encargado/a de anotar todas as operacións e de comunicar ao CDG calquera incidencia, atender aos usuarios, e calquera outro tema relativo á xestión cotiá ou periódica dos galeuros así como a súa difusión e potenciación.

Inicialmente (I Etapa dos galeuros) este traballo realizábao o Xestor de Fillos.

Este traballo será remunerado con galeuros en función das horas adicadas, a razón de 10 galeuros/h, revisables anualmente polo Comité Rector dos Galeuros.