noticias sobre a moeda complementaria galega
Sumando todos movementos realizados ata a data de hoxe (emisións, circulación, conversión, desemisión…) a nosa moeda vén de superar unha cifra moi importante: os 100.000 galeuros.
Durante o último periodo anual (2009) realizáronse 190 movementos, por un total de case 70.000 galeuros, o cal supón un medre do 283,75% na contía das operacións respecto ao ano [...]
As medidas de redución dos galeuros emitidos pola nosa asociación que foran aprobadas en novembro pola nosa asemblea de socios, remataron onte con éxito.
Así, a día de hoxe Fillos de Galicia ten reducido moi por baixo dos 2.000 galeuros o seu saldo negativo (-657,31 galeuros), co cal queda o sistema perfectamente preparado para se uniren [...]
Grazas a un aviso dunha usuaria dos galeuros, vimos de detectar que existe unha errata na ligazón que se inclúe nas mensaxe que se están a enviar desque pasamos a tenda online de Fillos.org a Galeuros.com
En concreto aparece unha ligazón a http://www.fgaleuros.com/tenda/my_points.php cando debería ser a http://www.galeuros.com/tenda/my_points.php que é a ligazón directa á páxina de [...]
Debido a que existe un proceso de comprobación de contas de correo electrónico en DeGalicia.org que a nosa asociación puxo en marcha e que rematará máis tarde có prazo dado como límite para as medidas extraordinarias preparatorias da socialización dos galeuros, e dado que existe un importante número de contas posuidoras de galeuros que usan [...]
Debido a problemas de saúde do administrador dos galeuros, non se puideron aplicar os prazos anunciados para as medidas extraordinarias mencionadas hai unhas semanas. Por este motivo, a Xunta Directiva de Fillos de Galicia está a votar unha ampliación do prazo. En breve anunciaremos aquí cal será a nova data límite para as operacións descritas.
Coa autorización da Xunta Directiva da Asociación Cultural Fillos de Galicia (que mentres non culmine o proceso de socialización dos galeuros emprendido recentemente é a responsable de definir o funcionamento da moeda), vimos de poñer en vigor unha nova norma para resolver as situacións das persoas ou entidades que deixan de dispoñer de acceso ás [...]
A Asemblea Extraordinaria convocada a tal efecto entre os socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia, entidade creadora e ata o de agora responsable única da moeda complementaria galeuro, vén de aprobar o comezo do definitivo proceso de socialización da moeda.
O primeiro paso dentro deste proceso será a redución do límite de emisión que esta [...]
Desde hoxe pódese consultar na sección de cifras económicas e financeiras do noso wiki un novo indicador (triplo) de actividade dos galeuros, o que vimos en denominar taxa de emisión, circulación e conversión, e que mide cantos dos movementos de galeuros son circulación entre posuidores con respecto ao total de movementos, cantos son emisións de [...]
Hoxe vimos de mellorar o aspecto contractual da capacidade de emisión, recollendo ademais da posibilidade de ampliación do límite emisor de galeuros dunha entidade participante, a posibilidade de que esa entidade rebaixe a súa capacidade. Iso é importante sobre todo nunha época de recesión económica, porque é previsible que algunhas empresas ou profesionais que emitan [...]
Despois de varias semanas de parón debido á reorganización interna e ao mega-proxecto de posta en marcha de Fillos 4.0 estamos retomando o ritmo e o pulo da nosa moeda.
O día 1 de novembro hase celebrar unha importante asemblea de socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia, responsable ate agora dos galeuros, onde se someterá [...]
Este blog será un lugar para a comunicación das novidades sobre a nosa moeda complementaria e todo o que xira ao seu redor.
Se queres poñerte en contacto con administradores para calquera cuestión podes escribir a dinamizacion ARROBA galeuros PUNTIÑO org
E non esquezas que no wiki dos galeuros tes toda a información oficial actualizada sobre a moeda.