noticias sobre a moeda complementaria galega
Debido a problemas de saúde do administrador dos galeuros, non se puideron aplicar os prazos anunciados para as medidas extraordinarias mencionadas hai unhas semanas. Por este motivo, a Xunta Directiva de Fillos de Galicia está a votar unha ampliación do prazo. En breve anunciaremos aquí cal será a nova data límite para as operacións descritas.
Este blog será un lugar para a comunicación das novidades sobre a nosa moeda complementaria e todo o que xira ao seu redor.
Se queres poñerte en contacto con administradores para calquera cuestión podes escribir a dinamizacion ARROBA galeuros PUNTIÑO org
E non esquezas que no wiki dos galeuros tes toda a información oficial actualizada sobre a moeda.
admin
Decembro 19th, 2009 at 10:50 am
Lamentablemente, por despiste, non demos avisado aquí a tempo do prazo inicialmente ampliado pola Xunta Directiva, que era o día 20 de decembro (mañá). Loxicamente non podemos aplicar ese prazo comunicándoo só cun día de antelación, así que queda novamente aprazado: a nova data límite para a aplicación das medidas devanditas será o día 31 de decembro.
Nova prórroga para as medidas extraordinarias preparatorias da socialización - O blog dos Galeuros
Decembro 31st, 2009 at 1:35 pm
[...] electrónico en DeGalicia.org que a nosa asociación puxo en marcha e que rematará máis tarde có prazo dado como límite para as medidas extraordinarias preparatorias da socialización dos galeuros, e dado que existe un [...]