noticias sobre a moeda complementaria galega
A Asemblea Extraordinaria convocada a tal efecto entre os socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia, entidade creadora e ata o de agora responsable única da moeda complementaria galeuro, vén de aprobar o comezo do definitivo proceso de socialización da moeda.
O primeiro paso dentro deste proceso será a redución do límite de emisión que esta entidade ten, ata o de agora situado nos 10.000 galeuros, para o igualar ao que outras entidades teñen: 2.000 galeuros.
Para esta redución, Fillos de Galicia fai un chamamento a todos os posuidores de galeuros para que ates de finalizar o mes de novembro contribúan á desemisión do diferencial existente con ese límite. Calquera posuidor/a de galeuros pode contribuír a este axuste, das seguintes maneiras (por orde de preferencia para Fillos):
Este blog será un lugar para a comunicación das novidades sobre a nosa moeda complementaria e todo o que xira ao seu redor.
Se queres poñerte en contacto con administradores para calquera cuestión podes escribir a dinamizacion ARROBA galeuros PUNTIÑO org
E non esquezas que no wiki dos galeuros tes toda a información oficial actualizada sobre a moeda.
admin
Novembro 17th, 2009 at 8:26 pm
Procedemos a enviar unha mensaxe de aviso comunicando este proceso a todos os socios da A.C. Fillos de Galicia así como a todos os posuidores de galeuros.
admin
Novembro 18th, 2009 at 6:35 pm
Hoxe rematamos de enviar mensaxes de correo-e de aviso a todas aquelas persoas que tiñan no seu saldo cantidades iguais ou superiores a 1 galeuro: en total 95 persoas.
Aviso: as persoas que perdan o acceso ao seu email perderán os seus galeuros - O blog dos Galeuros
Novembro 26th, 2009 at 7:41 pm
[...] da Xunta Directiva da Asociación Cultural Fillos de Galicia (que mentres non culmine o proceso de socialización dos galeuros emprendido recentemente é a responsable de definir o funcionamento da moeda), vimos de poñer en vigor unha nova norma [...]
Amplíase o prazo para as medidas extraordinarias preparatorias para a socialización dos galeuros - O blog dos Galeuros
Decembro 9th, 2009 at 8:05 pm
[...] de saúde do administrador dos galeuros, non se puideron aplicar os prazos anunciados para as medidas extraordinarias mencionadas hai unhas semanas. Por este motivo, a Xunta Directiva de Fillos de Galicia está a votar unha ampliación do prazo. [...]
Rematan con éxito as medidas preparatorias para a socialización - O blog dos Galeuros
Xaneiro 12th, 2010 at 7:01 pm
[...] medidas de redución dos galeuros emitidos pola nosa asociación que foran aprobadas en novembro pola nosa asemblea de socios, remataron onte con [...]