noticias sobre a moeda complementaria galega
Hoxe vimos de engadir no wiki unha nova posibilidade de lle darmos uso aos galeuros. Graciela B. Fondo Buyo, socia e directiva da Asociación Cultural Fillos de Galicia, comeza ofrecer os seus servizos como tradutora profesional en troques de galeuros.
Grazas, Graciela, por incrementar as posibilidades da nosa moeda coa túa oferta! :-)
Este blog será un lugar para a comunicación das novidades sobre a nosa moeda complementaria e todo o que xira ao seu redor.
Se queres poñerte en contacto con administradores para calquera cuestión podes escribir a dinamizacion ARROBA galeuros PUNTIÑO org
E non esquezas que no wiki dos galeuros tes toda a información oficial actualizada sobre a moeda.
Leave a reply